20% OFF shipping at geomorr.pl on orders over $79 + up to 10% OFF products
geomorr.pl
home > COMO SER REINTEGRACIONISTA SEN QUE A FAMILIA SAIBA > COMO SER REINTEGRACIONISTA SEN QUE A FAMILIA SAIBA
download picture
COMO SER REINTEGRACIONISTA SEN QUE A FAMILIA SAIBAo curioso ttulo dun novo manual para aproximar o galego ao portugus. Publicado orixinariamente por Edicins do Cumio en 2013. Este curso permite "detectar os castelanismos [que hai no galego], onde estn mis escondidos como na sintaxe ou expresins coloquiais" e darlle unha solucin converxente co mundo lusfono, "independentemente da persoa ser ou non partidaria dunha maior converxencia coa Lusofona". Que achega este manual? un contributo para mellorar,
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

É o curioso título dun novo manual para aproximar o galego ao portugués.

Publicado orixinariamente por Edicións do Cumio en 2013.
Este curso permite "detectar os castelanismos [que hai no galego], onde están máis escondidos —como na sintaxe ou expresións coloquiais—" e darlle unha solución converxente co mundo lusófono, "independentemente da persoa ser ou non partidaria dunha maior converxencia coa Lusofonía".

—Que achega este manual?
É un contributo para mellorar, para dar estabilidade ao galego no seu conxunto. O galego ten un gran problema social, que é o de falta de estabilidade nos seus usos. Por riba, esa falta de estabilidade padécea ao lado dunha lingua tan potente e estábel como é o castelán. Os reintegracionistas temos un recurso moi fácil para corrixilo, que é o recurso ao portugués. Ese recurso non o teñen as persoas que non son reintegracionistas. Mais eu non estou interesado só en mellorar a cualidade dos textos en reintegrado, quero contribuír a que a cualidade dos textos en galego no seu conxunto melloren. Con este curso quero facer pedagoxía, divulgar a idea da necesidade do portugués para corrixir esas estruturas que as gramáticas galegas continúan a considerar correctas mais que na rúa deixaron de existir. A única maneira de nós as corrixirmos é o recurso ao portugués. O galego [normativo] escrito foise afastando da estrutura tradicional; unha estrutura que, porén, si se mantén no portugués.

 —A quen se dirixe este curso?
Por un lado, a persoas non reintegracionistas que entenden que o portugués pode ser un bo guía, un manual de estilo para mellorar o seu galego; e que por diferentes razóns non queren dar pasos decididos en asumir, por exemplo, o portugués como lingua habitual na súa escrita. Non adoptan a ortografía do portugués. Hai persoas que estarían dispostas a dar pequenos pasos cara ao portugués; consideran que é útil que sexa o noso manual de estilo mais non queren ir máis lonxe. Este libro facilita a esas persoas a consulta das áreas máis dificultosas, aquelas onde o galego xa está máis distante do portugués, e anima a corrixilas.

—E isto sen desobedecer a normativa ‘oficial’ do galego.
Efectivamente, isto tamén é para aquelas persoas que, pola razón que sexa, non queren deixar a norma oficial e que dentro desa norma queren mellorar a cualidade do seu idioma. Sen desobedecer a norma oficial hai moitas áreas, moito léxico e moitas estruturas que poderían mellorarse co modelo portugués, e iso non só axudaría a reintegrar o galego no modelo portugués, senón que devolvería o galego a un modelo máis xenuíno, o que as propias gramáticas do galego defenden mais que no día a día non se usa. Este curso permite detectar os castelanismos [que hai no galego], onde están máis escondidos, como na sintaxe ou nas expresións coloquiais, e darlles unha solución converxente co mundo lusófono, independentemente da persoa ser ou non partidaria dunha maior converxencia coa lusofonía.

O portugués é unha grande axuda para iso e eu, nese sentido, gostaría de que iso fose unha actitude consensual de todas as posturas ortográficas do galego. Tampouco deixa de ser interesante o curso para os propios reintegracionistas. Este traballo pode axudar a identificar aquelas áreas da lingua onde están máis socializados certos castelanismos e que son moi frecuentes nos textos, e dá unha solución. E esa solución portuguesa, por dicilo así, en 95% dos casos vai coincidir coa xenuína galega.

—Hai xente que identifica a mellora da cualidade do galego, da súa cualidade escrita e falada, con algo moi traballoso, arduo, que require moita implicación e sacrificio. Axuda a desbotar este manual esa idea?
A solución para mellorar a cualidade eu só a vexo partindo desta idea reintegracionista do galego. O curso contén moitos exemplos, collidos da prensa escrita en galego –xornalismo en dixital ou en papel–, e vemos que hai españolismos directos ou coloquialismos en castelán. É imposíbel afastarse desas estruturas que están no día a día, mesmo para os académicos e especialistas. Cal é a única forma sensata e posíbel de reverter iso? A referencia do portugués. Ter esa outra alternativa vainos permitir tamén conectar o galego con outras variedades do portugués.
—É un curso eminentemente práctico.
Os textos teóricos son moi breves, de un ou dous parágrafos. Nin sequera tenta convencer ou ‘adoutrinar’ sobre o que é bo galego ou mal galego. O libro céntrase naqueles castelanismos que dificultan a comunicación coa lusofonía e dá alternativas, apostando no ‘galego converxente’, en canto converxe coa lusofonía, fronte ao ‘galego diverxente’, por diverxer respecto ao mundo lusófono.

—Ten afirmado que "pequenas decisións poden mudar radicalmente o status do galego"...
Cada vez máis. Temos o exemplo do que acabou de pasar na Unión Europea. Eu non me opoño a que o galego sexa recoñecido na UE como lingua minoritaria. Hai persoas na Galiza que usan o galego como se fose unha lingua minoritaria e esas persoas teñen os seus dereitos. Mais non somos unha lingua minoritaria nin creo conveniente presentarse ante o mundo como tal. Somos unha lingua de comunicación internacional, probabelmente das poucas que ficarán vivas de aquí a mil anos. Temos a posibilidade de presentarnos como utentes da variante dunha lingua internacional que xa está presente en todas as institucións internacionais. Non sería máis sensato ir nesa liña de traballo? Cunha pequena decisión administrativa cambiaríase moito. Como coa aposta no binormativismo, a posibilidade de o galego ser levado á escrita con dous modelos, o do castelán e o do portugués.
—Nos últimos tempos parece haber unha aposta por tender pontes entre o mundo reintegracionista e o 'oficial'.
O binormativismo é o que pretende, que haxa vasos comunicantes. O reintegracionismo non ten un proxecto só para el, teno para todo o galego e fai propostas nese sentido. Entendo que hai xente que se identifica cun galego menos práctico mais co que se sente máis identificado. O galego ten dúas almas, unha máis identitaria e outra máis utilitaria; do lado reintegracionista estaría a máis utilitaria, e a ‘isolacionista’ –non gosto moito desa palabra– coa máis identitaria. E esas dúas almas até é bo que existan. É bo que haxa diferentes motivacións para usar o galego. Eses dous corazóns baten forte na sociedade. A combinación das dúas é a que pode ter algún éxito

Eduardo Maragoto (Barqueiro, Mañón, 1976), profesor de lingua portuguesa na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, é o autor de Como ser reintegracionista sen que a familia saiba (30 leccións prácticas para aproximar o teu galego do portugués e non desobedecer á normativa oficial), o novo coleccionábel que edita Nós Diario. Un curso que se publicou durante o mes de xuño,  en diferentes entregas que se obsequiarón co xornal.

Entrevista: Sermos Galiza

____

Editorial: Sermos Galiza 07-2025
Idioma: Galego
Páxinas:
ENSAIO
NACIONALISMO
REINTEGRACIONISMO

COMO SER REINTEGRACIONISTA SEN QUE A FAMILIA SAIBA

Item no : 22672497464
sold recently : Login >>
US$ 34.95
Pay in 4 interest-free payments of $8.74 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 20 - Jun 25

Enjoy 20% off shipping

US$ 34.95

1-11

US$ 31.46

12-35

US$ 24.46

36-59

US$ 20.97

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches