Shopping security
Pode suceder tamén que o sentimento do absurdo naza da felicidade. “Penso que todo está ben”, di Edipo, e esta palabra é sagrada. Ela resoa no universo arisco e limitado do home. Ela ensínanos que todo non está nin estivo esgotado. Ela expulsa deste mundo un deus que entrara nel coa insatisfacción e co gusto dos sufrimentos inútiles. Ela fai do destino o asunto do home que os homes teñen que resolver entre eles.
Toda a ledicia silenciosa de Sísifo está aí. O seu destino perténcelle. A súa rocha é a súa propiedade. Do mesmo modo, o home absurdo, cando contempla o seu tormento, silencia todos os ídolos. Cara ao universo sumido repentinamente no seu propio silencio, álzanse os milleiros de pequenas voces marabilladas da terra. Estas chamadas inconscientes e secretas, estas invitacións de todas as caras, son o reverso necesario e tamén o prezo da vitoria. Non hai sol sen sombra e ademais é necesario coñecer a noite. O home absurdo di si e o seu esforzo non terá fin.
Se existe un destino persoal, non hai un destino superior ou en todo caso só existe un que el considere fatal e despreciábel. Polo demais el considérase o dono dos seus días. Neste instante sutil en que o home volve considerar a súa propia vida, Sísifo, volvendo cara á súa rocha, contempla esta serie de accións sen nexos de unión, que se converten no seu destino, creado por si mesmo, unido baixo a mirada da súa memoria e moi axiña selado pola súa morte. Así persuadido da orixe humana de todo o que é humano, como un cego que quere ver e que sabe que a noite non ten fin, segue o seu camiño. A rocha segue a rodar.
¡Deixo a Sísifo ao pé da montaña! Atopamos aínda o seu fardo. Pero Sísifo mostra a fidelidade superior que nega os deuses e levanta as rochas. El tamén pensa que todo está ben. Este universo a partir de agora sen amo non lle parece estéril nin fútil. Cada un dos graos desta pedra, cada estela mineral desta montaña chea de noite, é abondo para formar un mundo. A loita mesma cara aos cumes abonda para encher un corazón de home. É preciso imaxinar a Sísifo feliz.
Albert Camus
____
Editorial: CEFShips within 48 hours · Estimated delivery Jun 27 - Jul 2
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order