Shopping security
Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida.
Son tan tenaces e apaixonados coma a súa pintura: só trasladan a mensaxe das pinceladas ao código escrito. Idénticos e vitais; coherentes. É un mesmo Xabier o que pinta, o que escribe, o que desexa. E así de híbrido e ardoroso é este Cantar de corpos. Un libro no que o amor se fai pero tamén se come, se preme, se fuma, se soña, se cociña, se zarrapica, se debulla... se respira. [...] Porque se algo é quen de exorcizar o mal cando ‘sangran as nubes’ é a humidade vivificante de dúas linguas que se beixan; porque se algo é capaz de combater ese grito mudo é a forza centrífuga do máis fondo abrazo. Porque só pode ‘demorar a estrela onde pace o tempo’ o amor.
____
Editorial: BaíaShips within 48 hours · Estimated delivery Jun 23 - Jun 28
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order