20% OFF shipping at geomorr.pl on orders over $79 + up to 10% OFF products
geomorr.pl
home > NOVA ARDENTIA 17 (2025) > NOVA ARDENTIA 17 (2025)
download picture
NOVA ARDENTIA 17 (2025)Revista Galega de Cultura Martima e Fluvial. DE RIBEIRA A RIBEIRA E CO INMINENTE XVII ENCONTRO DE EMBARCACINS TRADICIONAIS NO HORIZONTE. A Federacin Galega pola Cultura Martima e Fluvial, CULTUMAR, acaba de poer na ra un novo nmero da sa revista, Nova Ardenta. Trtase da dcimo stima entrega da publicacin, que aparece desta volta, con mis pxinas que nunca e coordinada novamente por Emilio Xos nsua, baixo o lema De Ribeira a Ribeira. A revista smase as
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.

“DE RIBEIRA A RIBEIRA” E CO INMINENTE XVII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS NO HORIZONTE.

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, CULTUMAR, acaba de poñer na rúa un novo número da súa revista, Nova Ardentía. Trátase da décimo sétima entrega da publicación, que aparece desta volta, con máis páxinas que nunca e coordinada novamente por Emilio Xosé Ínsua, baixo o lema “De Ribeira a Ribeira”.

A revista súmase así aos eventos que preceden a celebración no vindeiro mes de xullo no porto de Ribeira, na ría arousá, do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais, concretamente entre os días 17 e 20.

O retorno deste Encontro ao porto onde se celebrou en 1993 a primeira edición deu pé aos responsables da publicación para elaborar un número cheo de informacións e evocacións sobre a traxectoria da propia Culturmar.

Todas as persoas que exerceron a presidencia da entidade desde a fundación ata a actualidade (Dionisio Pereira, Xabier Trepat, Xaquín Cuíñas, Fernando Piñeiro, Vítor Fernández, Manuel García Sendón e Xosé Luís Sacau), así como destacados activistas como Lino Lema e os irmáns Ivone e João Baptista, deitan en artigos e entrevistas abondosa memoria e reflexión sobre a travesía colectiva realizada.

A carón desas páxinas consagradas a historiar e avaliar a travesía de Culturmar, outras colaboracións redundan, como en números anteriores, no estudo e divulgación das moitas e variadas facetas do devir relacionado cos mares e ríos. O número de Nova Ardentía ofrece un amplísimo abano de temas e puntos de interese, que se complementa con algúns traballos, asinados por Rosa Fernández Otero, Antón Mascato ou Bruno Centelles, que inciden en cuestións problemáticas e socialmente controvertidas (furtivismo, eólica mariña, piscicultura…). É vontade dos promotores da revista poñer enriba da mesa e suscitar debate e reflexión sobre todo canto afecte ao medio natural que dá soporte á propia cultura marítima e fluvial, entendida en amplo sentido.

Emilio Sanmamed convida a acudir ao Encontro ribeirense e o cronista da localidade, Fernández Pazos, evoca a figura do xornalista Manuel Lustres Rivas. Canda as seccións habituais (A Atalaia, A que andamos?, Sino de Proa, Artistas do Mar, Lecturas para Navegantes, Letras na almadraba, Espazos para saber dos mares e dos ríos…), aparecen neste número, igualmente, un artigo sobre a saga dos Xon, estirpe de mariñeiros de O Grove (irmáns Parada); outro sobre as factorías de salga que existiron na praia de Quenxe (Corcubión), debido a Santi Llovo; a crónica da recuperación do bote “Manuel” en Redondela (Xurxo Martínez); unha evocación do barco “Xurelo”, que se opuxo no seu día aos vertidos de residuos nucleares na foxa atlántica (Xosé Iglesias) e outro traballo sobre a problemática arribada da galera portuguesa “Patrocínio” ás costas galegas na centuria decimonónica (Aquiles Garea). Xaquín Lores rescata interesante documentación británica sobre a presenza de buques corsarios nas costas galegas ao longo do s. XIX.

Tamén se fai un repaso, noutros traballos inseridos no número, pola presenza humana ao longo da historia nas principais illas da costa galega (María Mesa) e pola riqueza piscícola do río Miño no seu tramo final (Carlos Antunes). O historiador Xavier Brisset achega unha nova entrega sobre o contexto e devir da chamada “guerra da sardiña” a comezos do s. XX. Escriben asemade neste número Lino J. Prieto, sobre a saga dos Pla-Avalle (armadores do Bueu do s. XIX) e Antón Niñe, sobre a experiencia dun mariñeiro de Foz na tráxica galerna cantábrica de 1961, respectivamente.

Artigos sobre a literatura de Otero Pedrayo arredor dos ríos (Patricia Arias), a talasonimia da ría arousá (Helena Domínguez), o léxico mariñeiro na novela Antón e os inocentes de Ferrín (Fernández Rei), o cancioneiro popular de temática mareira (Carme Hermida) e o escultor Xoán Piñeiro (Cuqui Piñeiro) completan, na parte máis estritamente cultural, as case duascentas páxinas do exemplar, todo el ilustrado con magníficas fotografías, moitas delas antigas.

___

Editorial: Culturamar 2025
Idioma: galego
Páxinas: 171
REVISTAS DE MAR
CULTURA MARIÑEIRA

NOVA ARDENTIA 17 (2025)

Item no : 99110853176
sold recently : Login >>
US$ 11.85
Pay in 4 interest-free payments of $2.96 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 20 - Jun 25

Enjoy 20% off shipping

US$ 11.85

1-11

US$ 10.66

12-35

US$ 8.29

36-59

US$ 7.11

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches